O ALGARVE
A quen non lle gusta viaxar? se poidesemos parte do diñeiro que temos dedicaríamo-lo a facer viaxes, lugares inesquecibles cos que soñamos dende tempo ou simplemente escapadas que nos permiten un descanso que necesitamos neste tempo tan movido e estresante. Na Semana Santa viaxei ó Algarve, non sabía o que me ía atopar pero o certo é que disfrutei desa viaxe, lugares que me recordaron o meu pobo, con acantilados e praias incribles, pobos perdidos pero con historia, lugares construídos por e para un consumo masivo que hoxe en día tamén invade lugares antes mariñeiros e hoxe convertidos en zonas turísticas cheos de ingleses, principalmente,con grandes hoteis onde afortunadamente todavía perdura esa esencia nalguns pobos, outros en cambio invadindo zonas protexidas roubándolle terreo ó mar coma era o caso de Vilamoura, onde o luxo de Super Hoteis, Grandes Yates, Coches de Luxo con terreos e mais terreos adicados ó golf fan ver a diferecia entre ricos e pobres aínda hoxe nun país onde apenas existe a clase media e donde os ricos son cada vez mais ricos. Lonxe deste luxo e descontrol de tarxetas de crédito e avións privados tamén puiden visitar lugares como Carvoeiro, pobo de tradición mariñeira e hoxe cunha población importante de ingleses que viven parte do ano e onde o inglés é a segunda lingua, coma se pode ver en tódolos carteis, e onde o horario nas comidas e locais nocturnos é inglés.Lonxe desto é unha zona que me lembrou moito a Panxón, polos seus acantilados, por esa tradición mariñeira e por o centro neuralxico e social esa zona da praia coma ocorre en Panxón. Tamén visitei lugares coma a Albufeira, centro turístico do Algarve, onde son moitos os apartamentos, apar-hoteis e hoteis os que se concentran aló, cidade con grandes cafeterías, zona nocturna de pubs e un grande movemento de xente e actividades ó redor dunha praia con escaleiras mecánicas e unha zona de covas xusto na praia que conxuga moi ó moderno co antigo.
Cando viaxamos podemos querer tranquilidade e descanso ou tamén podemos adicarnos á coñecer o mais posíbel estes lugares. A miña idea de viaxe era esta, percorrer ó máximo e coñecer de punta á punta este lugar que me deixou prendada e así dende Cabo San Vicente e a fortaleza de Sagres, zona para ós aficionados ó surf, ata Castro Marim cun castelo importante e unha zona de reserva natural, onde a principal extración:o sal, feito á man debido ás condicións de zona protexida convertena nunha zona fantástica, xa limitando con España.
De todos estes lugares hoxe me quedaría con Carvoeiro, as súas construccións me encantaron, parecía coma se estiveses en Andalucía coas casas brancas, ás escaleiras de acceso en forma de caracol, e esas chemineas non sempre iguais pero sempre redondas e pequenas. O Algarve "al otro lado(de Al-andalus)" me gustou e pronto voltarei a él,MOITO OBRIGHADO!!!
0 comentarios